domingo, 25 de xuño de 2017

Festival Fin De Curso 2017

O día 21 de xuño celebramos o festival de fin de curso na escola.
 Houbo actuacións moi variadas. Comezaron os rapaces de rapazas de 4º de Educación Infantil coa interpretación de "Saudar as mans" que nos fala da importancia do saúdo nas nosas vidas.
A continuación os peques de 5º de Educación Infantil ofrecéronnos "Chuchuwa" xogando con diferentes partes do corpo.
E foi o alumnado de 6º de Educación Infantil o que nos ensinou como camiñan os animais.
 O alumnado de 1º A chegou acompañado do Pirata Pata de Lata.
Tamén houbo actuacións musicais como as ofrecidas por 2º A.
E 5º B
O alumnado de 5º A emitiu unha proxección con "Cousas da clase" e desexándonos unfeliz verán. E o público estaba moi atento.
Nós realizamos dúas actuacións: a primeira era unha canción na que falabamos da Galiña Azul.
Realizámola acompañados do ritmo de vasos pequenos e vasos grandes.
Ao público gustoulle moito porque era algo novidoso que nunca se tiña feito.
Tamén fomos os encargados de fechar o festival e fíxémolo cun baile ao son de “Despacito” de Luis Fonsi.
 O público ao escocitar o nome comezou a berrar entusiasmado e durante o baile estiveron cantando a canción todo o tempo!
Pasámolo moi ben así como tamén con todas as actuacións e como tamén fomos os presentadores, había veces acompañabamos aos intérpretes e animabamos ao público a aplaudir.
Cando remataron as actuacións entregáronse agasallos ao alumnado que colaborou na biblioteca durante todo o curso.
Nardos Dueñas Ramallo, Xermán González Rivas, Álvaro Durán Cortegoso e Amelia García García 6º A

sábado, 24 de xuño de 2017

Elaboramos E Saboreamos O Requeixo

E HOXE DEIXÁMOSVOS UNHA PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO SOBRE O REQUEIXO ORGANIZADO POLO EQUIPO DE ESCOLAS UNESCO. (Clicade na foto para que comece).
ccc

luns, 22 de maio de 2017

Carlos Casares: Día Letras Galegas 2017

ESTE ANO, COMO XA SABEDES O DIA DAS LETRAS GALEGAS DEDÍCASELLE Á FIGURA DE CARLOS CASARES.
NA ESCOLA TAMÉN NOS UNIMOS A ESA HOMENAXE.
 CON DIFERENTES ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA E TAMÉN NAS AULAS.
OS CORREDORES TAMÉN SE VIRON ENGALANADOS COS CARTEIS OFICIAIS.
 E TAMÉN CON DEBUXOS FEITOS POLO ALUMNADO.
ARREDOR DALGUNHAS DAS OBRAS DE CARLOS CASARES.
ALGUNHAS TEÑEN O NOME.
PERO OUTRAS NON.
E É QUE ESTÁ MOI DOADO ADIVIÑALO! NON VOS PARECE???

venres, 12 de maio de 2017

mércores, 10 de maio de 2017

Seminario Galán: Carlos Casares

Aquí vos deixamos o enlace para a páxina do Seminario Galán arredor de Carlos Casares, figura homenaxeada no Día Das Letras Galegas 2017.
ccc

xoves, 27 de abril de 2017

Día Do Libro Na Illa Das Esculturas

O día 24 de abril celebramos O Día do Libro na escola.

E para iso levamos a cabo unha pequena gran actividade. 
 Pequena porque iso pensabamos nós, e que non ia ser moi entretida, e grande porque o final resultou fantástica!
A actividade realizámola fóra da escola, na Illa das Esculturas. 
Saímos do recinto escolar e cruzamos A Ponte dos Tirantes.
No río adestraban os piragüístas.
 E devagar fómonos achegando ata o lugar escollido.
A Pasarela Peatonal estaba atónita ao ver tanta rapazada por alí!
Pasabamos e pasabamos e non dabamos acabado de pasar...
Todos camiñabamos tranquilos e falando animadamente.
Que conversa máis interesante!
Facía sol e as árbores da ribeira do Lérez acompañábannos coa súa sombra.
 E chegou o momento da lectura.
E buscamos un lugar axeitado para estar cómodos.
O alumnado a quen nos tocou ler escoitaba moi atento e portáronse moi ben!
Contamos os contos e tamén lles fixemos preguntas sobre o que tiña pasado.
Tamén estaban moi interesados nas ilustracións dos contos.
Foi unha experiencia espectacular!
Con momentos moi divertidos!
E axiña chegou o momento de regresar á escola.
E voltaron as conversas animadas.
Camiñando sen moita velocidade.
A Pasarela xa quedou un pouco máis tranquila!
E A Ponte dos Tirantes tamén tivo o seu protagonismo.
 Por certo que tanto na ida como na volta todo correo moi ben porque contamos coa axuda da Policía Local.
Que detiveron o tráfico e axudáronnos a pasar polos pasos dos peóns.
Xa na escola aínda tivemos un tempiño para correr un pouco.
Xogar ás agochadas...
 Rir cos compañeiros...
Dar un abrazo...
 E escribir esta reseña que aquí vos deixamos. Por certo que somos Adrián Fernández Fraguas, Xermán González Rivas e Vicente Martí Pesqueira 6º A