domingo, 20 de decembro de 2015

Nadal Na Escola 2015

No Nadal, os máis peques da escola recibimos a visita de Xan, que se parecía moito ao Apalpador, pero non o era, el non tiña a barba rubia!

Xan, mediante títeres, contounos a historia “O Sapo Encantado”.
Non podia fallar a visita de Papá Noel que deixou o agasallo dos sorrisos nas caras e muita ilusión no corazón.

luns, 23 de novembro de 2015

A Bruxa Regañadentes

POLO SAMAÍN CONTAMOS CONTOS DE MEDO. A BRUXA REGAÑADENTES FOI UM DELES!

CLICADE NA BRUXA PARA VER E ESCOITAR.br

domingo, 15 de novembro de 2015

Magosto Na Escola 2015

Ola! Somos Mario, Sabela e Lucía de 5º A e imos contarvos a festa do noso magosto na escola.

Celebrámola hoxe, venres 13 de novembro. Primeiro fixemos moitos xogos: O  paracaídas e o lanzamento de aneis no pabillón universitario e a corda e carreira de sacos no patio da escola.
Era emocionante choutar e choutar sen medo a mancarse.
Logo puxémonos negros a comer castañas. Ummm! que boas estaban! Aínda que había algunha que tiña algún que outro verme dentro...
Logo, como tiñamos tempo tamén xogamos a polis e ladróns! E algúns de nós puxémonos a tirar follas ao aire!
Pasámolo moi ben!
Mario Gómez Miranda, Sabela Lorenzo Figueroa e Lucía Sánchez Guerra. 5º A

xoves, 29 de outubro de 2015

Samaín Na Escola Outubro 2015

Ola somos Sabela, Angélica, Noelia e Nardos. Hoxe imos contarvos como foi o Samaín este ano na escola.
Toda a semana estivemos cos preparativos e comezamos nas clases de Plástica, inventando e realizando distintas figuras de monstruos con cartón reciclado e outras cousas...
 Tamén facendo morcegos axudándonos das mans...
Logo con todo iso e máis cousas decoramos os corredores da escola! Que bonitos estaban e como destacaban as cabazas!
Tamén as pantasmas, os morcegos e outra bichería...
Tamén durante a semana fomos baixando por niveis ata a biblioteca onde asistimos a diversas lecturas, proxeccións e mesmo representacións de terroríficas historias de medo!!!
E fixádevos na ambientación da biblioteca. Daba medo entrar alí...
          E hoxe foi xa o día da celebración. Pudemos asistir ás clases disfrazados de personaxes medoñentos.
Era guai poder traballar así vestidos!! Todos o pasamos moi ben e divertímonos moito.
Por todo isto foi un samaín excepcional.
Sabela Lorenzo Figueroa, Nardos Dueñas Ramallo, Noelia Blanco Obelleiro, e Angélica Vadás Cimadevila 5º A

xoves, 24 de setembro de 2015

Benvido Outono!

E XA TEMOS AQUÍ O OUTONO E CON EL A ILUSIÓN DE FACER TODO CON ALEGRÍA. BOS DÍAS AÍNDA AGARDAN POR NÓS.
CONTINUAMOS A NOSA ANDAINA CHEOS DE COLOR COMO ESTA FOLLA DAS ÁRBORES DO NOSO PATIO.

xoves, 18 de xuño de 2015

A Festa Do Deporte Na Escola

No día 11 de xuño tivemos A Festa Do deporte na escola.

O alumnado de 6º fomos os grandes protagonistas do evento xa que eramos os xogadores de todas as modalidades deportivas que celebramos.
E o resto da escola era o público que se acercou ata alí para animarnos.
Foi moi divertido xogar contra 6º A con todos os compañeiros. O resultado é o de menos. Foi bonito estar alí todos xuntos nun dos nosos últimos días na escola.
          Así estabamos na clase antes do partido.
Durante o partido.
 Na entrega de medallas.
Despois da entrega de medallas, algo cansos logo do traballo ben feito.
 E todos contentos despois de pasada toda a xornada.
 Ester Haxhijahja 6º B
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS 

mércores, 20 de maio de 2015

Filgueira Valverde Visita A Escola

Hoxe pola mañá visitounos Xosé F. Filgueira Valverde, ese personaxe a quen se lle adica este ano, 2015, O Día Das Letras Galegas.
Foi moi divertido e con el conseguimos saber moitas cousas da súa vida e tamén da súa obra e os libros que escribiu.
Era fantástico poder estar a falar con el directamente, en persoa. Así enterámonos que lle chamaban O Vello Profesor porque el tamén foi profesor aquí no Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra.
Tamén fixemos unha actividade na que tiñamos que ler un anaco dunha obra súa, Agromar, unha peza de teatro. Por parellas saímos a ler fragmentos de Agromar para todos.
 Filgueira Valverde comentounos que é unha historia na que un rapaz de aldea dooulle sangue a un señorito que só falaba castelán, pero á mañán seguinte falaba galego.
E, máis tarde, cunhas palabras que Filgueira nos proporcionou, tivemos que crear un conto.
Tamén lemos en voz alta o resultado, e aínda que tivemos pouco tempo, a verdade é que aínda inventamos relatos moi chulos!
Carlos Rodríguez, Zaira Núñez, Ester Haxhijahja e Alicia Piñeiro 6ºB

sábado, 16 de maio de 2015

Día Das Letras Galegas 2015: Filgueira Valverde

Este ano 2015, O Día Das Letras Galegas está adicado á figura de Xosé F. Filguera Valverde.
Aquí vos deixamos a ligazón para as páxinas do Seminario Galán onde podedes obter información, ver fotos e realizar diferentes tarefas sobre Filgueira Valverde.
CLICADE NA FOTO PARA COMEZAR:
http://www.seminariogalan.org/

sábado, 25 de abril de 2015

Celebración Do Día Do Libro Na Escola

Os días 23 e 24 de Abril celebramos no cole O Día do Libro. Xa sabedes que se celebra ese día, o 23 de Abril,  internacionalmente, por conmemorarse o falecemento de dous grandes escritores como foron William Shakespeare e Miguel de Cervantes.
¿E qué mellor forma de celebralo que lendo?
Ademais de facelo individualmente e na clase, nós, o alumnado de 6º, tamén fomos ler libros aos outros alumnos do cole, a Infantil e ao resto de Primaria.
Os libros elexidos eran moi divertidos, bonitos, entretidos e con fantásticas ilustracións.
Esta é a lista e os cursos a quen llos lemos: Leopoldo e Casilda, 4 anos, Mamiiii, 4 anos, Inés del revés, 3 anos, La Broma, 3 anos, Una mamá para Owen, 5 anos. Las ovejas jamás contadas, 1º B, Carlota no quiere peinarse, 2º B, O Paraugas amarelo, 3º B, El sueño de Lu Shu, 4º B, Semillas de papel, 5º B.
Dividímonos en cinco grupos e estivemos cinco días practicando para non confundirnos e facelo moi ben. Ensaiabamos na clase aproveitando calquera momento.
El día 23 tocaba leer para todas las aulas de Infantil. Gustounos moito ir alí porque recordamos cando nós aínda estabamos nesas aulas e eramos así de pequenos.
Algúns equipos lemos nas aulas, e outros equipos fixérono no patio.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos e gustáronlle moito os contos e nós estabamos moi emocionados.
         O día 24 lemos para os outros cursos de Primaria e a experiencia foi igual de bonita. 
Daniel Iglesias Pereira, Yerai Loureiro Alonso y Adrián Lagos Piedras 6º B 
CLICADE AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS 

xoves, 9 de abril de 2015

Día Da Árbore E Da Poesía

No venres antes de Semana Santa, na escola celebramos o día da árbore e tamén o día da poesía.
Primeiro plantamos un prunus co alumnado de Educación Infantil. Estaban todos espectantes a ver como Kedus e Nicholas facían todo o necesario.
Pero é que antes tocounos aos de 6º recitar os poemas que tiñamos inventado para este día.
 E tamén nos dedicaron toda a súa atención.
Máis tarde tocoulle o turno a un bonito magnolio. E desta vez foron Marcos e Nicole os encargados das tarefas.
Custou un pouco que a árbore deixara o seu envoltorio, pero logo alí quedou para que todos disfrutemos dela.
Ah, e tamén houbo máis poemas, de toda a escola, que o alumnado de 6º lemos con enorme ilusión ao pensar que este era o noso último día da poesía e da árbore na escola!

Nicole Dayana López Andrade e Nicholas Amissah 6º B