xoves, 29 de outubro de 2015

Samaín Na Escola Outubro 2015

Ola somos Sabela, Angélica, Noelia e Nardos. Hoxe imos contarvos como foi o Samaín este ano na escola.
Toda a semana estivemos cos preparativos e comezamos nas clases de Plástica, inventando e realizando distintas figuras de monstruos con cartón reciclado e outras cousas...
 Tamén facendo morcegos axudándonos das mans...
Logo con todo iso e máis cousas decoramos os corredores da escola! Que bonitos estaban e como destacaban as cabazas!
Tamén as pantasmas, os morcegos e outra bichería...
Tamén durante a semana fomos baixando por niveis ata a biblioteca onde asistimos a diversas lecturas, proxeccións e mesmo representacións de terroríficas historias de medo!!!
E fixádevos na ambientación da biblioteca. Daba medo entrar alí...
          E hoxe foi xa o día da celebración. Pudemos asistir ás clases disfrazados de personaxes medoñentos.
Era guai poder traballar así vestidos!! Todos o pasamos moi ben e divertímonos moito.
Por todo isto foi un samaín excepcional.
Sabela Lorenzo Figueroa, Nardos Dueñas Ramallo, Noelia Blanco Obelleiro, e Angélica Vadás Cimadevila 5º A