luns, 23 de novembro de 2015

A Bruxa Regañadentes

POLO SAMAÍN CONTAMOS CONTOS DE MEDO. A BRUXA REGAÑADENTES FOI UM DELES!

CLICADE NA BRUXA PARA VER E ESCOITAR.br

domingo, 15 de novembro de 2015

Magosto Na Escola 2015

Ola! Somos Mario, Sabela e Lucía de 5º A e imos contarvos a festa do noso magosto na escola.

Celebrámola hoxe, venres 13 de novembro. Primeiro fixemos moitos xogos: O  paracaídas e o lanzamento de aneis no pabillón universitario e a corda e carreira de sacos no patio da escola.
Era emocionante choutar e choutar sen medo a mancarse.
Logo puxémonos negros a comer castañas. Ummm! que boas estaban! Aínda que había algunha que tiña algún que outro verme dentro...
Logo, como tiñamos tempo tamén xogamos a polis e ladróns! E algúns de nós puxémonos a tirar follas ao aire!
Pasámolo moi ben!
Mario Gómez Miranda, Sabela Lorenzo Figueroa e Lucía Sánchez Guerra. 5º A