E XA ESTAMOS NO
NADAL ÉPOCA DE MOITA LEDICIA! BOAS FESTAS E QUE OS REIS MAGOS TRAIAN MOITOS
AGASALLOS!
mércores, 21 de decembro de 2016
venres, 25 de novembro de 2016
A Escola Na Cadea Humana Contra A Violencia
Ola! Hoxe queremos
contarvos que todo o alumnado da escola participamos nunha cadea humana
contra a violencia machista.
Primeiro os máis peques foron rodeando a escola pola parte de fóra.
Despois
continuamos e fomos ocupando a rúa da Cruz Vermella.
Chegamos ata o comezo da rúa e enchémola todiña!
Alí a cadea continuaba con outra escola, e
nós os de 6º A fomos os eslavóns onde se
unía a cadea. Nós, Álvaro e Brais eramos os dous primeiros elos no lugar de
unión da cadea!
Foi moi divertido! A cadea era moi longa e
chegaba ata o centro de Pontevedra onde se bifurcaba por máis e máis rúas.
Durante a formación da cadea humana non
estivemos calados, pois houbo momentos que nos puxemos a cantar e así pasamos
un momento moi emocionante!
Tamén gritamos: non á violencia de xénero! Temos que parala entre todos!
Álvaro Durán Cortegoso, Brais García Mejuto
e Iván López Rey 6º Asábado, 19 de novembro de 2016
Estudando As Abellas Probando O Mel Na Escola
Ola, somos Mario e Brais e hoxe imos
contarvos a experiencia que vivimos na escola para coñecer o traballo e o mundo das
abellas.
Primeiramente visitamos unha exposición que
había na biblioteca sobre obxectos que se utilizan na profesión de apicultor.
Desde os máis novos ata os máis vellos pasamos por alí.
Así observamos o afumador que serve para
simular un incendio. Así as abellas séntense en perigo e queren fuxir. Comen moito mel para ter
reservas polo camiño, enchen o abdome e así
non lle poden picar ao apicultor porque non poden dobrar o abdome para
pinchar o aguillón.
Vimos os cadros coas colmeas onde viven as
abellas e se almacena o mel.
Gustáronnos as colmeas
antigas con cortiza de sobreira.
E tamén mirar un niño de
abellas.
Todo isto foi emocionante
e sorprendente, pero aquí non rematou todo.
Pois máis tarde no salón
de actos descubrimos novas experiencias.
Alí estábanos esperando Emilio, un apicultor que
nos foi explicando paso a paso o proceso do mel e a súa elaboración.
Gustounos ver como usaba
o espectacular coitelo de sopercular.
Que ben o pasamos cando puidemos ver como se extraía o mel!
Tamén nos deu a probar
unha mostra de mel recén sacada no extractor e que todos vimos alí mesmiño. Foi magnífico!
Sobre todo encantounos o mel!!
E así ademais de marchar para a clase cun
bo recordo, tamén saímos todos coa barriga chea!!!
Moitas Grazas Emilio pola túa paciencia e benfacer!Brais García Alonso e Mario Gómez 6º A
PREMER AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO MEL
luns, 14 de novembro de 2016
Magosto Na Escola 2016
E como quen non quere a cousa chegou o magosto
á escola.
Todas as clases organizaron distintas actividades, e participamos no xogo da corda.
Os peques entretíñanse com castañas e cordéis.
Xogamos ao pano.
Os máis novos arrexuntábanse nos aros.
Achegámonos ata o pavillón para realizar
xogos divertidos com paracaídas.
Tiramos os bolos e ata fixemos plenos!
Había quen subia polos bancos...
E chegou o momento de papar as castañas!
Algo que esperabamos ansiosos todos listos coas nosas caixiñas...
E logo chegou unha caixa chea de castañas! Zampamos ata non poder máis!
Celebrámolo o 11 de novembro e foi moi
especial. Ata baixamos un cuarto de hora antes ao recreo. E aproveitamos para
ver como se ían asando as castañas.
Castañas que por certo fomos recolleitando
durante os últimos dias.
A continuación tocounos disfrutar dos
xogos.Todas as clases organizaron distintas actividades, e participamos no xogo da corda.
Os peques entretíñanse com castañas e cordéis.
Xogamos ao pano.
Os máis novos arrexuntábanse nos aros.
Tiramos os bolos e ata fixemos plenos!
Había quen subia polos bancos...
E chegou o momento de papar as castañas!
Algo que esperabamos ansiosos todos listos coas nosas caixiñas...
E logo chegou unha caixa chea de castañas! Zampamos ata non poder máis!
Que ben o pasamos!
E por certo: que boas estaban as castañas! Algunhas con algún que outro verme... O que non mata engorda!
Lucía Barreiro, Xermán González, Álvaro Durán e Amelia García 6º A
PREMER AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO MAGOSTO
E por certo: que boas estaban as castañas! Algunhas con algún que outro verme... O que non mata engorda!
Lucía Barreiro, Xermán González, Álvaro Durán e Amelia García 6º A
PREMER AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO MAGOSTO
sábado, 29 de outubro de 2016
Samaín Na Escola 2016
O venres 28 de outubro, celebramos O
Samaín na escola!
Todos viñemos moi tenebrosos.
Ata algúns profes se animaron a disfrazarse!
Dabamos moito medo!
O bonito de todo é que participamos todas as clases.
Espectacular, non vos parece?
Despois de moitas risas e sustos no recreo,
subimos á clase. Lucía presentou a primeira emisión da radio escolar neste curso.
Nela a maioría da clase interpretou a historia " O Seguro de
Enfermidade" que tiñamos ensaiado e gravado previamente coa nosa profe
Mary Carmen.
A verdade é que estivo moi ben e todos nos
felicitaron pola actuación!
Despois preparámonos para ir ao salón de
actos ver outras actuacións do Samaín.
Houbo bailes dantescos e recitacións medoñentas!
Ao saír da actuación puidemos ver os
corredores da escola todos decorados com motivos alusivos ao Samaín.
Non podían faltar as
cabazas!
E tampouco as máscaras.
E como O Samaín é tempo de contar e cantar
terroríficas historias tamén nos gustou moito a sesión de contos de medo na
biblioteca que estaba arrepiante!
E por onde pasaban todos os cursos durante toda a semana para escoitar historias terroríficas...
A verdade que foi xenial o noso último
Samaín na escola! Pasámolo de medo!!!
Lucía Barreiro
Lema, Angélica Badás Cimadevila e Sabela Lorenzo Figueroa 6º A
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)