domingo, 7 de febreiro de 2016

Entroido Divertido 2016

Ola! Somos Nerea e Noelia. No día 5 de febreiro celebramos o entroido e os disfraces inundaban a nosa escola.

Pola mañá chegamos á clase e xa comezamos a sacar fotos cos disfraces postos.
Este ano a temática era: Bichos e aí estamos nós seguindo a consigna.
Pero non pensedes que todo era festa. Tamén tivemos que traballar un pouquiño...
Era divertido facer as tarefas así vestidos e maquillados.
Despois do recreo foi cando baixamos ao patio para que comezara a diversión.
Alí tivemos ocasión de ver todos os disfraces de todo o alumnado da escola.
Había xoaniñas de moitas cores...
Lindas bolboretas... 
Dragóns e animais variados...
Estraños paxaros multicolores...
E tamén estaban os espantallos para espantalos, claro...
E tamén chegaron os cociñeiros para cociñar todos os bichos...
Todos participamos activamente no desfile.
E xa comezou a festa rachada.
Estaba bo día e aproveitamos para disfrutar do sol.
Xogamos moito e ata nos atrevemos a bailar a conga.
E outros ritmos movidiños.
E continuamos a sacar moitas fotos para logo poder lembrar estes momentos divertidos.
A verdade é que foi un carnaval 2016 xenial!
 Noelia Blanco Obelleiro e Nerea Ferreira Ríos 5º A

mércores, 3 de febreiro de 2016

No Día Da Paz 2016

Ola, somos Lucía e Amelia. No, día 29 de xaneiro celebramos O Día Da Paz na nosa escola e nós imos contarvos todo o que fixemos.
Nos días anteriores decoramos recadros de tea con debuxos e palabras alusivas á Paz.
Algúns eliximos colores claros, e pintamos e escribimos con moito colorido.
E tamén houbo quen elixiu teas e colores escuras para expresarse.
Despois lemos as palabras, preciosas, e admiramos os bonitos debuxos. O mellor é que todas as banderolas quedaron fantásticas. E con elas decoramos os corredores.
E chegou a hora de baixar ao patio da escola con todos os demais cursos.
Estabamos todos desde os máis vellos ata os máis novos da escola.
Fixemos moitas fotos para algún día lembrarnos destes momentos que vivimos todos xuntos.
 
Pero por cousas dos trasnos da técnica que andaron a facer das súas, a megafonía non funcionaba e as compañeiras e o alumnado de 2º que estaban preparados para actuar tiveron que deixalo para outra ocasión.
Pero todos estivemos de acordo de que o mellor momento é a solta de pombas.
Foi unha experiencia xenial. Soltando as pombas reflectimos o feito de deixar A Paz, Libre, para que voe moi alto e nos traia boas esperanzas para O Mundo Enteiro. 
E no luns seguinte completamos o acto coa interpretación das actuacións no Salón de Actos.
Primeiro O Himno Á Alegría.
Seguido dun manifesto pola paz.

E finalmente as danzas.

Lucía Barreiro Lema e Amelia García García 5º A
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS