sábado, 29 de outubro de 2016

Samaín Na Escola 2016

O  venres 28 de outubro, celebramos O Samaín na escola! 
Todos viñemos moi tenebrosos.
Ata algúns profes se animaron a disfrazarse!
Dabamos moito medo!
                                                             Pero a verdade é que estabamos fantásticos!
O bonito de todo é que participamos todas as clases.
Espectacular, non vos parece?
Despois de moitas risas e sustos no recreo, subimos á clase. Lucía presentou a primeira emisión da radio escolar neste curso. Nela a maioría da clase interpretou a historia " O Seguro de Enfermidade" que tiñamos ensaiado e gravado previamente coa nosa profe Mary Carmen.
A verdade é que estivo moi ben e todos nos felicitaron pola actuación!
Despois preparámonos para ir ao salón de actos ver outras actuacións do Samaín.
Houbo bailes dantescos e recitacións medoñentas!
Ao saír da actuación puidemos ver os corredores da escola todos decorados com motivos alusivos ao Samaín.
Non podían faltar as cabazas!
E tampouco as máscaras.
E como O Samaín é tempo de contar e cantar terroríficas historias tamén nos gustou moito a sesión de contos de medo na biblioteca que estaba arrepiante!
E por onde pasaban todos os cursos durante toda a semana para escoitar historias terroríficas...
A verdade que foi xenial o noso último Samaín na escola! Pasámolo de medo!!!
Lucía Barreiro Lema, Angélica Badás Cimadevila e Sabela Lorenzo Figueroa 6º A