venres, 25 de novembro de 2016

A Escola Na Cadea Humana Contra A Violencia

Ola! Hoxe queremos contarvos que todo o alumnado da escola participamos nunha cadea humana contra a violencia machista.
Primeiro os máis peques foron rodeando a escola pola parte de fóra.
Despois continuamos e fomos ocupando a rúa da Cruz Vermella.
 Chegamos ata o comezo da rúa e enchémola todiña!
Alí a cadea continuaba con outra escola, e nós os de 6º A  fomos os eslavóns onde se unía a cadea. Nós, Álvaro e Brais eramos os dous primeiros elos no lugar de unión da cadea!
 Foi moi divertido! A cadea era moi longa e chegaba ata o centro de Pontevedra onde se bifurcaba por máis e máis rúas.
Durante a formación da cadea humana non estivemos calados, pois houbo momentos que nos puxemos a cantar e así pasamos un momento moi emocionante!
Tamén gritamos: non á violencia de xénero! Temos que parala entre todos!
Álvaro Durán Cortegoso, Brais García Mejuto e Iván López Rey 6º A

sábado, 19 de novembro de 2016

Estudando As Abellas Probando O Mel Na Escola

Ola, somos Mario e Brais e hoxe imos contarvos a experiencia que vivimos na escola para coñecer o traballo e o mundo das abellas.
Primeiramente visitamos unha exposición que había na biblioteca sobre obxectos que se utilizan na profesión de apicultor.
 Desde os máis novos ata os máis vellos pasamos por alí.
Así observamos o afumador que serve para simular un incendio. Así as abellas séntense en perigo  e queren fuxir. Comen moito mel para ter reservas polo camiño, enchen o abdome e así  non lle poden picar ao apicultor porque non poden dobrar o abdome para pinchar o aguillón.
Vimos os cadros coas colmeas onde viven as abellas e se almacena o mel.
Gustáronnos as colmeas antigas con cortiza de sobreira.
E tamén mirar un niño de abellas.
Todo isto foi emocionante e sorprendente, pero aquí non rematou todo.
Pois máis tarde no salón de actos descubrimos novas experiencias.
Alí  estábanos esperando Emilio, un apicultor que nos foi explicando paso a paso o proceso do mel e a súa elaboración.
Gustounos ver como usaba o espectacular coitelo de sopercular.
Que ben o pasamos cando puidemos ver como se extraía o mel!
Tamén nos deu a probar unha mostra de mel recén sacada no extractor e que todos vimos alí mesmiño. Foi magnífico!
Sobre todo encantounos o mel!!
E así ademais de marchar para a clase cun bo recordo, tamén saímos todos coa barriga chea!!!
 Moitas Grazas Emilio pola túa paciencia e benfacer!
Brais García Alonso e Mario Gómez 6º A
PREMER AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO MEL 

luns, 14 de novembro de 2016

Magosto Na Escola 2016

E como quen non quere a cousa chegou o magosto á escola.
Celebrámolo o 11 de novembro e foi moi especial. Ata baixamos un cuarto de hora antes ao recreo. E aproveitamos para ver como se ían asando as castañas.
Castañas que por certo fomos recolleitando durante os últimos dias.
        A continuación tocounos disfrutar dos xogos.
Todas as clases organizaron distintas actividades, e participamos  no xogo da corda.
Os peques entretíñanse com castañas e cordéis.
Xogamos ao pano.
Os máis novos arrexuntábanse nos aros.
Achegámonos ata o pavillón para realizar xogos divertidos com paracaídas.
Tiramos os bolos e ata fixemos plenos!
Había quen subia polos bancos...
E chegou o momento de papar as castañas!
Algo que esperabamos ansiosos todos listos coas nosas caixiñas...

E logo chegou unha caixa chea de castañas! Zampamos ata non poder máis!
Que ben o pasamos!
E por certo: que boas estaban as castañas! Algunhas con algún que outro verme... O que non mata engorda!
Lucía Barreiro, Xermán González, Álvaro Durán e Amelia García 6º A
PREMER AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO MAGOSTO