venres, 13 de xaneiro de 2017

Día De Radio Na Escola

Hoxe na escola parecía que había unha revolución! 
E é que resulta que os da Emisora de Radio Onda Cero achegáronse ata aquí para facer unha gravación con participantes de distintos niveis.
Nós, Noelia, Lucía B., Nerea F., Angélica e Nardos estivemos a cargo de ir chamando a cada clase cando era a súa quenda e acompañalas ata a biblioteca que era onde tiña lugar a gravación.
Foi unha experiencia moi bonita e activa, case como participar nunha maratón! 
E, como vedes, tamén fixemos de reporteiras gráficas!
Durante o tempo que durou todo, repartímonos un pouco o traballo.
Iamos buscar os participantes ata as aulas e camiñabamos polos corredores.
E baixabamos con eles polas escaleiras.
 Procurando manter un pouco de orden e a verdade é que se portaron fantasticamente!
Tamén esperamos moi pacientemente cando era necesario.
Ás veces foi necesario tomar asiento.
E todos colaboraron moi ben!
 E, por suposto que estivemos dentro, onde se cocía todo o miolo do asunto!
Así puidemos escoitar e ver todo de primeira man!
E tamén puidemos facer esta reportaxe gráfica para todos vós!
 Ao fin, a pesar de algunhas malas pasadas dos trasnos da tecnoloxía, todo correu estupendamente!


E claro, nós tamén actuamos! Participamos todos os da clase botando unha regueifa!
E segundo Begoña, a locutora, saíunos mallado! 
A pena foi que xa se acabou! E aquí quedamos desexando que veña outra actividade para continuar a contarvos todo, todiño!
Nardos Dueñas Ramallo, Noelia Blanco Obelleiro,Angélica Badás Cimadevila, Lucía Barreiro Lema e Nerea Ferreira Ríos 6º A

Ningún comentario:

Publicar un comentario