xoves, 27 de abril de 2017

Día Do Libro Na Illa Das Esculturas

O día 24 de abril celebramos O Día do Libro na escola.

E para iso levamos a cabo unha pequena gran actividade. 
 Pequena porque iso pensabamos nós, e que non ia ser moi entretida, e grande porque o final resultou fantástica!
A actividade realizámola fóra da escola, na Illa das Esculturas. 
Saímos do recinto escolar e cruzamos A Ponte dos Tirantes.
No río adestraban os piragüístas.
 E devagar fómonos achegando ata o lugar escollido.
A Pasarela Peatonal estaba atónita ao ver tanta rapazada por alí!
Pasabamos e pasabamos e non dabamos acabado de pasar...
Todos camiñabamos tranquilos e falando animadamente.
Que conversa máis interesante!
Facía sol e as árbores da ribeira do Lérez acompañábannos coa súa sombra.
 E chegou o momento da lectura.
E buscamos un lugar axeitado para estar cómodos.
O alumnado a quen nos tocou ler escoitaba moi atento e portáronse moi ben!
Contamos os contos e tamén lles fixemos preguntas sobre o que tiña pasado.
Tamén estaban moi interesados nas ilustracións dos contos.
Foi unha experiencia espectacular!
Con momentos moi divertidos!
E axiña chegou o momento de regresar á escola.
E voltaron as conversas animadas.
Camiñando sen moita velocidade.
A Pasarela xa quedou un pouco máis tranquila!
E A Ponte dos Tirantes tamén tivo o seu protagonismo.
 Por certo que tanto na ida como na volta todo correo moi ben porque contamos coa axuda da Policía Local.
Que detiveron o tráfico e axudáronnos a pasar polos pasos dos peóns.
Xa na escola aínda tivemos un tempiño para correr un pouco.
Xogar ás agochadas...
 Rir cos compañeiros...
Dar un abrazo...
 E escribir esta reseña que aquí vos deixamos. Por certo que somos Adrián Fernández Fraguas, Xermán González Rivas e Vicente Martí Pesqueira 6º A

Ningún comentario:

Publicar un comentario