domingo, 25 de xuño de 2017

Festival Fin De Curso 2017

O día 21 de xuño celebramos o festival de fin de curso na escola.
 Houbo actuacións moi variadas. Comezaron os rapaces de rapazas de 4º de Educación Infantil coa interpretación de "Saudar as mans" que nos fala da importancia do saúdo nas nosas vidas.
A continuación os peques de 5º de Educación Infantil ofrecéronnos "Chuchuwa" xogando con diferentes partes do corpo.
E foi o alumnado de 6º de Educación Infantil o que nos ensinou como camiñan os animais.
 O alumnado de 1º A chegou acompañado do Pirata Pata de Lata.
Tamén houbo actuacións musicais como as ofrecidas por 2º A.
E 5º B
O alumnado de 5º A emitiu unha proxección con "Cousas da clase" e desexándonos unfeliz verán. E o público estaba moi atento.
Nós realizamos dúas actuacións: a primeira era unha canción na que falabamos da Galiña Azul.
Realizámola acompañados do ritmo de vasos pequenos e vasos grandes.
Ao público gustoulle moito porque era algo novidoso que nunca se tiña feito.
Tamén fomos os encargados de fechar o festival e fíxémolo cun baile ao son de “Despacito” de Luis Fonsi.
 O público ao escocitar o nome comezou a berrar entusiasmado e durante o baile estiveron cantando a canción todo o tempo!
Pasámolo moi ben así como tamén con todas as actuacións e como tamén fomos os presentadores, había veces acompañabamos aos intérpretes e animabamos ao público a aplaudir.
Cando remataron as actuacións entregáronse agasallos ao alumnado que colaborou na biblioteca durante todo o curso.
Nardos Dueñas Ramallo, Xermán González Rivas, Álvaro Durán Cortegoso e Amelia García García 6º A

sábado, 24 de xuño de 2017

Elaboramos E Saboreamos O Requeixo

E HOXE DEIXÁMOSVOS UNHA PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO SOBRE O REQUEIXO ORGANIZADO POLO EQUIPO DE ESCOLAS UNESCO. (Clicade na foto para que comece).
ccc