venres, 20 de outubro de 2017

Panadeiros E Panadeiras En 2º B

Os Rapaces E Rapazas De 2º B Foron Panadeiros E Panadeiras Por Un Día!
Estiveron Axudados Por Varias Nais E Algún Avó.
 E Non Dubidaron En Meter As Mans Na Masa.
Este Foi O Resultado:
Verdade Que Todo quedou Estupendo?
E Non Sabedes Que Ben Arrecendía Cando O Trouxeron Quentiño Do Forno!
A Ver Quen Se Anima A Facer Máis!
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS

mércores, 11 de outubro de 2017

Imos Á Biblioteca De Piquín!


No noso colexio temos unha biblioteca preciosa.
E estes días estivemos pasando por alí para tomar un primeiro contacto e saudar a Piquín, a mascota, que xa levaba un tempo soliño! 
Todo o alumnado fomos visitalo por quendas.
Nós, os de sexto, o outro día a primeira hora baixamos ata alí para coñecer o proxecto deste ano: A Biblioteca dos Artistas, do que xa vos iremos falando.
E Piquín, alí estaba para darnos a benvida, claro! 
Comezamos lembrando todo o necesario para un bo funcionamento.
Tamén que nela podemos facer outras cousas ademais de ler. Como xogar ao xadrez, consultar información nos ordenadores e nas enciclopedias,...
De seguido ollamos unha curta preciosa que nos gustou a todos moito. A continuación puidemos curiosear todo o que por alí había. 
Interesáronnos todas as seccións e sobre todo a de novidades...
Con moitas cousas que ver e aprender!
Había quen estaba moi concentrado na lectura...
Quen quedou moi intrigado polos temas dos libros...
E quen buscaba avidamente nos andeis...
 Había quen lía de xeito individual. 
De dous en dous...
De tres en tres,...
 Ou en gran grupo!
Xa sexa sentados...
Ou tamén de pé...
É magnífico ter tantos libros na nosa biblioteca á nosa disposición!
 Lucía Cancela Rodríguez e Mercedes Barragáns Padín 6º A