venres, 24 de novembro de 2017

sábado, 11 de novembro de 2017

XA CHEGOU O MAGOSTO Á ESCOLA!

E por fin hoxe 10 de novembro chegou o magosto á escola!
E non se podía celebrar mellor que realizando moitas actividades.
Así había quen saltaba á corda.
Quen participou nas carreiras de sacos.
Tamén en xogos con paracaídas e outros lanzando aros a picas e ladrillos.
E claro, non podería ser un bo magosto sen castañas...
No momento do recreo cando chegamos ao patio xa vimos que as estaban asando.
Sempre resulta interesante e puxémonos todos a mirar un bo anaco...
Aínda que tamén nos dedicamos a iso que se fai nos recreos... Xogar!
E como vedes había quen xogaba ao peletre.
Pero tamén quen se apañaba ben con iso dos fíos...
Aínda hai que ter un pouco de maña! E por certo que a teñen!
Mentres nós estabamos cos xogos fóronse asando todas as castañas e chegou o momento de repartilas...
E comelas...
Ummm... eran poucas pero... que boas estaban!!!
 Breixo Fentanes Gago e Yago Amoedo Martínez 6º A

venres, 10 de novembro de 2017

OS POETAS DE 5º A

POLO SAMAÍN OS RAPACES E RAPAZAS  DE 5º A CONVERTÉRONSE EN POETAS!
E COMPUXERON ESTAS BONITAS POESÍAS:
ALGUNHAS FALAN DE CASAS ENMEIGADAS
 OUTRAS DE DISFRACES
E TAMÉN DE BRUXAS
E OUTRAS DE PANTASMAS
E EN TODAS SE MIRA QUE LLE DERON MOITO AO MAXÍN!

xoves, 9 de novembro de 2017

A BRUXA PACA DE PRIMEIRO

POR AQUÍ SEGUIMOS ARREDOR DO SAMAÍN. O ALUMNADO DE 1º DEIXOUNOS ESTES DEBUXOS DA BRUXA PACA:
COMO VEDES TEN VARIOS MODELOS DE ROUPA:
E TAMÉN DE PEITEADOS:
HAI MOITO COLORIDO!
ISO NON SE PODE DUBIDAR!
CON ROUPAS LONGAS ATA OS PÉS
E OUTRAS QUE LLE CHEGAN AO XEONLLO!

martes, 7 de novembro de 2017

sábado, 4 de novembro de 2017

Xa Está Aquí O Samaín 2017

E xa está aquí O Samaín!!!!
E todos na escola disfrazámonos moi ben!
Nós, os de 6º A, non quedamos atrás!!!
Era divertido estar a traballar nos computadores con estas pintas. Ah que dá pavor???
Molou moito saír ao patio e xogar así vestidos.
Xuntándonos con todos os demais, dando sustos á xente e xogando a ser monstros por un día...
Verdade que estabamos de medo???
Con modelos para todos os gustos...
 Xogar ese día foi aínda máis divertido!
Ata tomar a merenda resultaba unha acción estremecedora!
Ummm...Que bo estaba todo!
E é que esta semana foi moi intensa... Primeiro tivemos varios días dedicados a escoitarmos contos terroríficos na biblioteca.
O que nos tocou a nós deixounos a todos cos pelos de punta! Aínda hoxe estamos arrepiados coa historia da morte de Amelia...
Como vedes, a biblioteca de Piquín estaba engalanada para tal medoñenta ocasión!!!
Nós tampouco nos esquecemos de adornar a clase para tal evento. Con pantasmas, arañas, morcegos, cabazas aterradoras...
E que bonitos estaban os corredores do colexio...
E é que nos corredores contabamos con todos os elementos dignos dun bo Samaín.
Estaban tan aterradores que a escola enteira non perdeu ocasión de desfilar e pasar a ver todo o que por alí había!
E claro tamén estaban caracterizados como é debido... 
Tiñamos esqueletos andantes e tamén catrinas...
Zombies...
Non faltaban nin os vampiros...
 Nin as meigas...
Pero non pensedes que iso foi todo... Non... Tamén realizamos unha emisión de radio escolar con poemas arredor do Samaín que xa publicaremos outro día... E non podían faltar as actuacións musicais...
Con números que foron do agrado do público. Así os de 5º Nivel danzaron e interpretaron "No Samaín".
6º B recitou e nós danzamos ao son da canción “O Moucho”.
Por todo isto que vos contamos e moito máis... Este foi o noso Mellor Samaín Na Escola!!!
Breixo Fentanes Gago e Mercedes Barragáns Padín 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO SAMAÍN