mércores, 13 de decembro de 2017

Debut Con eTwinning


Onte 12 de decembro o alumnado do 3º ciclo da escola debutamos diante das cámaras.
E fixémolo fronte a nenos e nenas de varios países de Europa grazas ao proxecto eTwinning. Ao comezo tivemos que esperar un pouco por mor das conexións.
Despois houbo actuacións musicais...
E presentacións de tarxetas de Nadal.
Nós os de 6º A recitamos e cantamos unhas panxoliñas.
E tamén saudamos aos rapaces de toda Europa en castelán, galego, inglés, francés, árabe, portugués e en chinés!
Gustounos tanto a expereincia que se fora por nós repetiamos todos os días!
 Breixo Fentanes Gago e José Abollado Bugallo 6º A

1 comentario: