luns, 4 de decembro de 2017

Seguimos Cos Cogomelos


E seguimos a voltas cos cogomelos!
Pois resulta que na escola estivemos con obradoiros dedicados a estes seres vivos.
O alumnado de 6º tivo ademais unha conferencia a cargo da Asociación Brincabois.
E posteriormente saíron á busca de cogomelos.
 A colleita mereceu a pena pois atoparon bastantes, mesmo un exemplar de amanita faloides, a mortal!
Que resulta que non é vermella senón branca con reflexos verdes case fosforitos.
Máis tarde con esa colleita e algúns exemplares máis aportados por Brincabois fixemos unha exposición nos corredores da escola.
Resultou moi interesante!
E esta é a imaxe que presentan algúns dos cogomelos que están a cultivar nalgunhas clases reciclando borras de café. Impresionante!

1 comentario: