venres, 22 de decembro de 2017

XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!

E xa está aquí O Nadal!
E na escola tamén o celebramos! Deixámosvos unhas pinceladas da arte espallada nestes días! Os corredores engalanáronse coas mellores galas preparadas por todas as aulas.
Non faltaban o pinos decorados con bonecos de neve, estrelas, botas...
Ou con boliñas de papel!
E ademais habíaos de todos os tamaños, grandes e tamén en miniatura!
Así estaba algunha porta.
E mirade que ben, ésta de Educación Infantil.
Porque os máis peques tamén puxeron o seu gran de area.
Con profusión de elementos típicos destas datas.
Así o viron na aula de relixión.
E así en inglés.
Tamén houbo lugar para as postais que elaboramos para o proxecto e-twinning!
E non podía faltar a visita de Papá Noel!
Tróuxonos doces e moita ilusión!
E daba moitas apertas a pequenos e non tanto!
Gustounos moito recibilo nas nosas aulas!
Tamén nos viñeron visitar alumnos de anos anteriores que non se esquecen do noso cole!
Non nos esquecemos dos debuxos que ideamos arredor do Nadal.
Co mal encarado amo da pousada.
Os pastores e a estrela...
E demais personaxes. 
 É Nadal, Bo Nadal!

1 comentario: