xoves, 26 de abril de 2018

Fomos Contacontos De Intercambio Na Xunqueira 1

O xoves pasado o alumnado de 6º fomos ata o CEIP A  Xunqueira 1 para realizar unha convivencia-intercambio lector.
Cada un de nós, en parella ou mesmo individualmente tiñamos que ler un conto a nenos e nenas de Infantil.
Para iso, previamente saímos da escola e fomos pola beira do Lérez.
Camiñando animadamente.
O día axudounos presentándose azul e luminoso.
Ao ir achegándonos xa nos fomos poñendo algo nerviosos.
Na Xunqueira xa nos estaban esperando.
Despois de recibirnos, repartíronnos mesturados co alumnado de infantil.
E alá marchamos a buscar un bo lugar para comezar a lectura.
Creo que todos estabamos con algo de vergoña pero comezamos a lectura moi animados.
E o público prestounos moita atención.
Daba gusto mirar o patio cheo de persoas miúdas, unhas a ler e outras a escoitar.
Calquera lugar era bo.
Cando rematamos, os nenos regaláronos uns marcapáxinas, uns pasteis de chocolate e mais un bico.
Todos os nenos despedíronse e nós fomos para a clase.
Facía moito calor pero estabamos moi contentos pola experiencia realizada.
Mercedes Barragáns Padín e Javier Fernández González 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA CONVIVENCIA 

1 comentario: