luns, 14 de maio de 2018

Na Escola Sabemos Cociñar!

Na nosa escola tamén sabemos cociñar!
 Ao longo do curso fomos elaborando diversas receitas. Hoxe deixámosvos unha pequena mostra das máis apetitosas.
 Elaboramos algunhas que son axeitadas como primeiros pratos e segundos.
Nos que coidamos a elaboración com produtos galegos de calidade.
E tamén o empratado.
Nalgunhas había que pedir axuda aos maiores da casa.
E nalgúns segundos pratos ata había que flamexar...

Pero o que máis nos gusta a todos é a sobremesa.
Non podía faltar a bica.
Nin o biscoito de cabaza.
Que boa a costrada de mazá!
E as marquesiñas de cabaza!
Mirade que moucho tan simpático!

A quen lle gustan as trufas de chocolate?
E a torta de mazá?
Hai quen prefire as Torradas de leite.
Ou a Torta de requeixo e noces.
 Que saboroso está o Marmelo!
E un batido de froitas do bosque nunca cae mal.
Recollemos todas as receitas en 3 libros que expuxemos nos corredores para que todos as poidan ver. 
E polo medio fomos intercalando algúns ditos e cantigas populares relativos á cociña e os ingredientes.

E claro, tamén algúns textos dos nosos escritores máis afamados.
 

mércores, 2 de maio de 2018

Contacontos No Día Do Libro Na Escola

O día 23 de abril conmemórase internacionalmente O Día do Libro. E, claro, nós non perdemos a ocasión de celebralo.
E fixémolo lendo, como non!
Pero non lemos só para nós. Resulta que tivemos público!
Dividímonos en grupos e acudimos de contacontos ás distintas aulas da escola.
Previamente repartimos os fragmentos de lectura entre os membros do grupo.
 E estivemos ensaiando como o faríamos.
Así foi posible que todo saíra ben e que o público ficara contento coas nosas escollas.
 Pedro Carmuega Salazar e Abel Luís Franco Rosón 6º A